Friday 03 de May de 2024

A Mostra ‘Acollida e Hospitalidade no Camiño de Santiago’ entra na súa última semana de exposición


A exposición de Turismo de Galicia recolle unha selecta colección de fotografías de Manuel G. Vicente mostran a importante función que desempeñan os hospitaleiros voluntarios en diferentes albergues e puntos do Camiño de Santiago

Turismo de Galicia inaugurou o pasado mes de decembro no Centro Social Abanca de Santiago de Compostela a exposición ‘Acollida e Hospitalidade no Camiño de Santiago’, un homenaxe a todos os hospitaleiros voluntarios que constitúen unha pedra angular para a rutas xacobeas.

A mostra que recolle unha selecta colección de fotografías de Manuel G. Vicente entra agora na súa última semana de exposición.

As imaxes, que foron sacadas nas últimas décadas, dende finais dos 90 ata hoxe, mostran a importante función que desempeñan os hospitaleiros voluntarios en diferentes albergues e puntos do Camiño de Santiago.

Así, a través das fotografías, pódese afondar neste labor desinteresado que realizan día a día as Asociacións de Amigos do Camiño e os hospitaleiros voluntarios en todas partes do mundo inundando a Ruta Xacobea dunha esencia de fraternidade e solidaridade e difundindo os contidos culturais e espirituais do Camiño.

A exposición, que pode visitarse ata o próximo domingo 7 de febreiro, explica a través das fotografías como a medida que se avanza no Camiño, prodúcese unha comunicación a varios niveis: con un mesmo, coa propia Ruta Xacobea e cos compañeiros de Camiño, cos hospitaleiros e os paisanos.

Unha vez clausurada, a exposición ‘Acollida e Hospitalidade no Camiño de Santiago ‘iniciará unha itinerancia polas sedes xubilares do Ano da Misericordia en Galicia.